Unha vez máis chegou a data da celebración dos Maios e, como é tradición, puxémonos mans á obra para elaborar o noso maio. Como todos os anos contamos coa colaboración das familias aportando os materiais e tamén este ano colaboraron algúns pais na súa realización. Entre pais, alumnos e mestres fomos colocando os elementos característicos dos maios: xestas, fiúnchos, ovos, laranxas... Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades os resultados, tanto do noso como os dos outros compañeiros. Que bonitos quedaron!
Moitas grazas a todos!