miércoles, 5 de junio de 2013

EXCURSIÓN A LUGO


Como tivemos que facer dous grupos para as visitas as fotos están en dúas presentacións, se premedes aquí podedes ver a outra :   EXCURSIÓN A LUGO




EXCURSIÓN LUGO - diapositivas

viernes, 31 de mayo de 2013

PERCORRIDO POLA VILA DE PONTEDEUME



O pasado xoves, saímos co noso plano na man e tivemos a sorte de contemplar e tocar parte dos documentos históricos que abundan na nosa vila e que nos axudan a entender como era a vida no pasado. Tamén podedes ver algunhas fotos do pasado para ver mellor a evolución da vila.



Saída por Pontedeume




 A antiga vila de Pontedeume

lunes, 13 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Xa se acerca o Día das Letras Galegas, e como todos sabemos, este ano adícaselle a Roberto Vidal Bolaño. Se premedes na imaxe tedes unhas actividades sobre a súa biografía. Animádevos a facelas!


martes, 30 de abril de 2013

OS MAIOS

Unha vez máis chegou a data da celebración dos Maios e, como é tradición, puxémonos mans á obra para elaborar o  noso maio. Como todos os anos contamos coa colaboración das familias aportando os materiais e tamén este ano colaboraron algúns pais na súa realización. Entre pais, alumnos e mestres fomos colocando os elementos característicos dos maios: xestas, fiúnchos, ovos, laranxas...  Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades os resultados, tanto do noso como os dos outros compañeiros. Que bonitos quedaron!
Moitas grazas a todos!