viernes, 22 de febrero de 2013

A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA


Adiós, ríos; adiós, fontes;
Adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
       Miña terra, miña terra                                  muiño dos castañares
       terra onde me eu criei                                  noites craras de luar
       hortiña que quero tanto,                              campaniñas trimbadoras
       figueiriñas que prantei                                  da igresiña do lugar

       prados, ríos, arboredas,                             amoriñas das silveiras
       pinares que move o vento,                         que eu lle daba ao meu amor
       paxariños piadores,                                    caminiños antre o millo
       casiña do meu contento,                            ¡adiós, para sempre adiós!


Hoxe foi o día de Rosalía de Castro e, coma non tivemos tempo de facer nada nas  aulas , aquí tedes unha parte do poema  ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES, no que escribe sobre o lugar onde viviu.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

miércoles, 20 de febrero de 2013

Excursión 2º ciclo. Museos A Coruña on PhotoPeach




Visita Acuario, Domus e Casa das Ciencias on PhotoPeach

domingo, 17 de febrero de 2013

XA REMATOU

Como toda festa chega o seu fin,  o xoves despedímonos do noso" Meco" cantando a canción "Xa morreu",e así rematamos o Entroido.

domingo, 10 de febrero de 2013

FESTA ENTROIDO

O venres tivemos un día moi divertido no cole, xa que celebramos o Entroido. Empezamos facendo un desfile por ciclos para ver os disfraces de todos os nen@s e tamén dos profes, logo viñeron os gaiteiros a buscarnos para ir polas rúas do pobo ata chegar a plaza Real donde cada curso fixo a súa actuación. O rematar voltamos  ao cole donde nos estaba esperando unha gran merendola para recuperar enerxía e poder despedirnos bailoteando!! Pasámolo moi ben!!
E por suposto,moitas grazas as familias pola vosa colaboración!!





jueves, 7 de febrero de 2013

REMATARON OS MANDADIÑOS

Chegou o día en que remataron os mandadiños do esqueleto Manolo, e aquí vos deixamos  os nosos resultados con todo o que nos mandou: a garavata, os calcetíns ata os xeonllos, o nariz e meixelas pintadas e por último algo na cachola... Que guapos están estos paiasos!!!!!
 Agora a preparse para a festa de Entroido de mañá!




domingo, 3 de febrero de 2013

viernes, 1 de febrero de 2013

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL


Hoxe saímos de paseo polo pobo para ir a Biblioteca Municipal. Alí estaba Alexandre, o bibliotecario, agardándonos para contarnos o que íamos ver e a continuación proxectou  un conto titulado "Marco Porconi" para un curso e "O canto das baleas" para o outro .  Foi unha pena que moitos compañeiros estaban enferm@s e non os puideron ver!









BENVID@S!!!!

Ola a tod@s!!  Dámosvos a benvida as profes Teresa (3ªA) e Silvia (3ªB). 
A partir de agora este vai ser o novo blog de terceiro, onde publicaremos cousas relevantes deste nivel como : noticias, saídas, celebracións, enlaces de interese, actividades para reforzar contidos traballados na aula, etc...
Como o curso de 3ªA xa tiña un blog e non queremos que se perda todo o seu contido, poñeremos un enlace que vos permitirá acceder a el cando queirades.