domingo, 28 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

O pasado mércores celebramos no colexio o Día do Libro. A primeira hora os nenos e nenas que participaron no Club de Lectura tiveron a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor do libro co que estiveron traballando "A pedra e as formigas".

Visita de Jacobo Fernández Serrano

A continuación asistimos a tres representacións teatrais a cargo do alumnado de 4º, 5ºB e 6ºA , (aproveitando tamén para celebrar o Día do Teatro que foi o pasado 25 de marzo).
 Parabéns polas vosas representacións!!

Deixámosvos o enlace para que poidades escoitalas de novo:

4º: " A verdadeira historia de carapuchiña"

5ºB: " O espantallo que non quería ser espantallo"

6ºA: " Farsa e xustiza do comendador"


No hay comentarios:

Publicar un comentario