martes, 30 de abril de 2013

OS MAIOS

Unha vez máis chegou a data da celebración dos Maios e, como é tradición, puxémonos mans á obra para elaborar o  noso maio. Como todos os anos contamos coa colaboración das familias aportando os materiais e tamén este ano colaboraron algúns pais na súa realización. Entre pais, alumnos e mestres fomos colocando os elementos característicos dos maios: xestas, fiúnchos, ovos, laranxas...  Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades os resultados, tanto do noso como os dos outros compañeiros. Que bonitos quedaron!
Moitas grazas a todos!



domingo, 28 de abril de 2013

DIVISIÓNS

Aquí tedes unha imaxe para recordar como son os términos da división e logo se premedes na lámpada que pon divisións poderedes practicar un pouco: 


DÍA DO LIBRO

O pasado mércores celebramos no colexio o Día do Libro. A primeira hora os nenos e nenas que participaron no Club de Lectura tiveron a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor do libro co que estiveron traballando "A pedra e as formigas".

Visita de Jacobo Fernández Serrano

A continuación asistimos a tres representacións teatrais a cargo do alumnado de 4º, 5ºB e 6ºA , (aproveitando tamén para celebrar o Día do Teatro que foi o pasado 25 de marzo).
 Parabéns polas vosas representacións!!

Deixámosvos o enlace para que poidades escoitalas de novo:

4º: " A verdadeira historia de carapuchiña"

5ºB: " O espantallo que non quería ser espantallo"

6ºA: " Farsa e xustiza do comendador"


viernes, 26 de abril de 2013

O QUEBRANOCES

 A semana pasada recibimos no cole a visita da asociación musical Musicreques coa obra "O Quebranoces" de Tchaikovsky, unha obra musical combinada con títeres que nos trasladou a diferentes países como Rusia, Exipto, China..... Gustounos moito!





viernes, 22 de marzo de 2013

XOGOS

                             
Aquí vos deixamos uns xogos por si queredes practicar un pouco co razoamento lóxico durante as vacacións! A disfrutar!!!!!

                 

domingo, 17 de marzo de 2013

VISITA POTABILIZADORA E DEPURADORA

E para rematar o tema da auga, visitamos a potabilizadora e a depuradora de Pontedeume,  donde nos explicaron todo o proceso que seguía a auga ata chegar as nosas casas e a donde ía parar de novo. Gracias ao persoal que nos atendeu aprendimos moitas cousas.  Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que foi a visita. 


Visita potabilizadora e depuradora - presentacion imagenes